Benvid@s ó Blogue do Obradoiro de Emprego”Boqueixón-Vedra 2017″

Benvido/a internauta ó noso espazo!

A través desta xanela iremos amosando á actividade desenvolvida neste Obradoiro  de Emprego, promovido polos Concellos de Boqueixón e Vedra, a través da subvención concedida pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria, quen cofinancia  este proxecto xunto cos Concellos promotores.

Nel amosaremos os progresos do noso alumnado, integrado por 20 alumnos/as que se forman en  dous Certificados de Profesionalidade:

  • Operacións auxiliares de revestimentos continuos en Construcción (EOCB0109)
  • Traballos de carpintería e Moble (MAMD0209)

Neste proxecto formativo, procuraremos  o emprego de metodoloxías activas e vivenciais, que sitúen ó alumnado como centro do proceso de Ensinanza-Aprendizaxe,  dun xeito participativo, colaborativo  e lúdico, porque existen moitas formas de aprender, diversos tipos de intelixencia presentes nun aula  e polo tanto ten que haber diversas formas de ensinar…

Iremos así mesmo,  mostrando a evolución das obras aprobadas para este proxecto, nas que o alumnado porá en práctica os contidos aprendidos en Aula, acadando así as competencias esixidas nos corresponentes Certificados.

Acompaña a este programa formativo, unha serie de módulos complementarios, dirixidos a fomentar a autonomia do alumnado,  o espírito reflexivo, o respeto polos demáis e polo noso medio…,  onde se fomente o traballo en equipo, a empatía e solidariedade, a resolución pacífica dos conflictos….. competencias e actitudes todas elas, que tanto nos sirven e axudan na esfera profesional como na privada.

O noso obxectivo é mellorar a empregabilidade do noso alumnado, para  intentar acadar ó remate deste proxecto formativo, a súa inserción laboral.

Esperamos  que este espazo sexa do teu interese. Benvido/a ó noso Blogue !

 

 

 

 

Anuncios

Exames no Obradoiro. Especialidade Carpintería e Moble.

O Obradoiro de Emprego “Boqueixón-Vedra 2017”,  como xa explicamos anteriormente noutras entradas, é un proxecto mixto de formación e emprego.

Nel impartimos dous certificados de profesionalidade:

  • Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción
  • Traballos de carpintería e moble

Súmase o plano formativo deste Obradoiro, outros  módulos complementarios (Orientación, Alfabetización informática, P.R.L, Educacion Secundaria Obrigatoria…)

Para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado nos contidos propios dos respectivos certificados de profesionalidade, este ten que superar, para cada un dos módulos formativos que o integran, un exame teórico así como un práctico.

Imos con algunhas das imaxes do exame práctico do Módulo MF 0162: ” Mecanizado de madeira e derivados” que tivo lugar o día 20 de decembro, e que consistía na elaboración dunha peza previa interpretación de plano, para que unha vez identificada a madeira necesaria, se empregara a diversa maquinaria e se realizaran as operacións precisas para a súa execución. O cal incluía o uso de :cepilladora, regroso, escadradora, serras, escopladoras, tupí, lixadoras… valorandose tanto o proceso como a calidade do producto final.

Imos cunhas imaxes do alumnado en plena execución do exame práctico.

 

 

Acondicionamento Centro Social Lestedo (Revestimentos continuos)

A especialidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” vai “vento en popa a toda vela” no acondicionamento do edificio do Local Social de Lestedo.

Despois de rematar o baixo e a parte superior, tal e como vimos en anteriores entradas, comezaron  polo espazo que usamos como sede do Obradoiro e as súas aulas formativas.

Así,  entre preparación de soportes,  aplicación de  imprimacións e pintura,  o alumnado cada vez adquire máis destreza e velocidade !

Imos cunhas imaxes da evolución, de como estaba e como vai quedando….

 

Centro Social Lestedo. Especialidade Carpintería e Moble

Como xa comentábamos no anterior Post a especialidade formativa “Traballos de Carpinería e Moble”  ven desenvolvendo diversos traballos no Edificio do Local Social de Lestedo.

Ademáis da realización de mobiliario para o Obradoiro, as actuacións nesta obra contemplan o mecanizado e colocación de portas en kit e block.

Imos ver como vai cambiando a figsonomía deste local, que previamente foi acondicionado pola especialidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”:

 

Acondicionamento Local Social de Lestedo ( Especialidade Carpinteria e Moble)

No edificio do Local Social de Lestedo veñen contempladas actuacións para as dúas especialidades formativas deste Obradoiro :

  • Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción
  • Traballos de carpintería e moble

Respecto á última especialidade, unha das primeiras prácticas formativas desenvolvidas foi a realización do mobiliario para as oficinas  do Obradoiro

Imos vendo o proceso, a súa realización tanto no Taller que esta especialidade ten como a súa montaxe e como o alumnado vai cada vez adquirindo máis destreza no manexo da diferente maquinaria e ferramenta, na súa execución e montaxe…

O resultado final  é moi aparente, se alguén precisa montadores/as de mobles dentro duns meses, que vaia pensando no noso alumnado que aqui temos uns  profesionais moi prometedores….

 

Acondicionalmento baixo Centro Social Lestedo

O alumnado da especialidade “Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construción” continuan neste mes de decembro, acondicionando o baixo do Centro Social de Lestedo.

O ser un local adicado a actividades sociais e lúdicas, considerouse aconsellable dar unha mán de pintura de cor mais oscuro ata unha altura de 1,20 para protexelo.

Imos vendo como queda:

Excelentes resultados probas oficiais E.S.A.

Tal  e como establece o artigo 8 da Orde do 8 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencions para os obradoiros de emprego, para o alumnado-traballador  que non acadase os obxectivos  da educación secundaria obrigatoria, organizaránse programas específicos coa finalidade de proporcionarlles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos nas distintas ensinanzas, especialmente mediante as probas de acceso.

E en cumprimento do establecido na Orde de Convocatoria, o Obradoiro de Emprego “Boqueixon-Vedra 2017” inclúe dentro do seu plano formativo, formación en Educación Secundaria de Adultos (E.S.A), cunha carga lectiva de 105 horas, impartida por Teresa Bermín, módulo ó que acuden 12 dos 20 alumnos e alumnas que forman parte deste Obradoiro, divididos en dous grupos segundo o seu nivel formativo: o Grupo I formado por 4 alumnos e o Grupo II por 8 alumnos/as.

Así pois, os catro alumnos do grupo I que se presentaron ás probas oficiais de 3º de ESA ás probas oficiais de 3º da E. S. A que tiveron lugar o día 24 de novembro  no IES San Clemente, obtiveron  os seguintes resultados:

Aprobados ámbito científico-tecnolóxico: 2

Ámbito Comunicación:3

Ámbito Sociais: 4

Un excelentes resultados, tendo en conta que este Obradoiro tivo o seu inicio o 29 de setembro e que apenas tivemos dous meses lectivos. Noraboa ós catro valentes e a Teresa, a nosa docente de ESA polos resultados obtidos!! A seguir así!!