Clausura do Obradoiro de Emprego “Boqueixón-Vedra 2017”

E logo pasaron estos nove meses de aprendizaxes, experiencias, procesos, transformacións…….  e chegou a hora de baixar o telón.

Coa alegría de que xa catro dos nosos alumnos/as insertáronse laboralmente antes de rematar , ó fin e o cabo ese é o fin último dun Obradoiro, cualificar ou recualificar para acceder novamente ó mercado laboral e esperando que pronto todo o alumnado atope  novas saídas profesionais. Portas que se pechan para que outras se abran.

Queda a pegada do paso de este proxecto e o seu alumnado a través das diversas actuacións que se levaron a cabo nos Concellos promotores, que  cambiaron  a súa fisonomía e das que este Blogue pretendeu ser unha pequena xanela a través da cal íamos amosando  a  actividade desenvolta así como a transformación dos espazos, paralelamente á  que experimentaba o alumnado.

E así coa “foto de familia”, tras a entrega de Diplomas e Certificados de Profesionalidade que tivo lugar o 28 de xuño, na Nave principal da Estación de Santa Cruz en Vedra, unha das actuacións desenvolvidas por este Obradoiro de Emprego, despedímosnos agradecendo a vosa visita a este espazo.

Rematamos cunha frase da  UNESCO : “Os obxectivos básicos da educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver, aprender a ser”.Esperamos telo conseguido …..

 

IMG-20180628-WA0000

 

 

Remate actuacións en Santa Cruz (Vedra)

Xa no sprit final antes da clausura do Obradoiro, rematamos o noso escenario. Para protexelo aplicouselle Lasur , colocamos a  porta oculta de saída do escenario e démoslle un último pulo á nave posterior que ofrece un aspecto máis remozado, alegre e colorista, ainda que sobre gustos e cores…..non sempre hai consenso, como na vida mesma….!

Imos coas últimas imaxes antes de “baixar o telón”….

 

 

 

Actuación no Baixo Local Social de Lestedo ( Revestimentos III)

Como víramos en anteriores Post, para rematar ó 100% deste  proxecto formativo e  polo que atinxe ó Concello de Boqueixon, quedábanos pendente a aplicación de pintura Epoxi neste baixo.

Trátase dun traballo, e unha práctica formativa que pertence ó Módulo MF0873_1: “Pintura e materiais de imprimación e protectores en construción” do Certificado de Profesionalidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”.

Tras abrir o poro empregando lixadora industrial e a aplicación de imprimación, tocoulle á hora a aplicación da pintura, cun pequeno cambio de imaxe, para que se note que se trata dunha nova actuación… e a iso se puxeron máns á obra, a nosa marea branca !!!

Imos coas imaxes do proceso e do cambio, e tras a aplicación de dúas máns de pintura, rematamos a totalidade do Proxecto en Boqueixón. Noraboa ó noso alumnado e docentes!!

 

Actuacións en Naves Estación de Santa Cruz (Especialidade Madeira)

Nesta semana, e previa preparación por parte do alumnado dos distintos  módulos e elementos que conforman portas e contraportas no  Taller da Especialidade de Carpintería, sito en Camporrapado (Boqueixón),  comezamos coa súa montaxe nas Naves da Estación de Santa Cruz.

Como se pode observar nas imaxes hai un antes e un despois,  portas e contras que van transformando a estética do lugar.

Así mesmo, continuouse coa instalación de tarima no tramo modular do escenario, imos vendo os avances:

 

 

 

Actuacións Edificio Usos Múltiples de Lestedo (Revestimentos II)

A especialidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” deste Obradoiro de Emprego, está ultimando xa a obra que tiñamos aprobada en Lestedo: o acondicionamento do Edificio de Usos Múltiples.  E o último que nos falta xa para a súa completa execución é o tratamento superficial do pavemento continuo de formigón con pintura Epoxi

Para iso previamente temos que abrir o poro, reparar fisuras e aplicar a pintura.

Imos cunha primeiras imaxes do noso alumnado en acción, lixadora  e aspiradoras en acción!