Actuación Naves Estación Santa Cruz- Revestimentos continuos II

Juan Carlos, o noso compañeiro e docente do Certificado  “Operacións auxiliares de revestimentos continuos” reincorporóuse ó Obradoiro e colleu novamente o timón da Especialidade neste sprint final cara ó remate do Obradoiro.

Continuando cos traballos comezados por Luis, démoslle un novo pulo á nave Posterior de Santa Cruz que cada vez máis, vai tomando un novo e remozado aspecto, cheo de luz, da  claridade que lle ofrece a madeira, a nova pintura…lonxe do aspecto inicial que tiña cando chegamos a ela.

Así mesmo,empezóuse a tomar o oco que se abriú na Nave principal como futura saída posterior do escenario para que a especialidade de “Traballos de carpintería e moble”  instale finalmente a porta e contra de corredeira

Imos vendo como van estos traballos neste último mes de traballo:

 

 

Anuncios

Construción Escenario Nave Principal Estación Santa Cruz II

Seguimos avanzando cos traballos da Especialidade “Traballos de Madeira e Moble” na Nave principal da Estación de Santa Cruz, xa na recta final do Obradoiro, que conclúe a súa actividade o  28 de xuño de 2018.

Unha vez rematada a estrutura fixa e modular do escenario, toca a instalación de tarima,  neste caso tarima clavada, e non flotante como aconteceu no Centro Sociocultural de Camporrapado, o que fai que o alumnado poda practicar  diferentes técnicas.

A tarima empregada  para este escenario é de madeira de castiñeiro, en cor natural o que lle outorga unha gran luminosidade e calidez ó espazo .

Imos vendo como vai quedando:

 

 

 

 

Prácticas formativas MF0882_1 “Montaxe e instalación de elementos de carpintería”

No transcurso dos proxectos aprobados para este Obradoiro de Emprego que fomos executando nestos meses, e dentro da especialidade formativa “Traballos de carpintería e moble” o alumnado , como materia propia do Certificado de Profesionalidade, e como vimos en entradas anteriores,  instalou tarima flotante no Centro Sociocultural de Camporrapado ( Concello de Boqueixón), na nave principal da Estación de Santa Cruz en Vedra, están construindo o escenario, co que practicamos outras técnicas: a tarima clavada … pero quedábamos por practicar un dos contidos propios do Módulo MF0882_1 “Montaxe e instalación de elementos de carpintería”, que é o revestimento de paredes e teitos así como dos seus elementos de remate.

Así pois, dadas as posibilidades que nos daba a modo de Taller a nave posterior de Santa Cruz, de escasa altura, a diferenza do noso Taller da Especialidade,  fixemos prácticas formativas deste tipo de revestimento en dúas habitacións e no pasillo, o que nos permitiú ensaiar con nivelación de durmintes, anclaxe de rastreles, colocación de tarima clavada en lugar de con click  e darlle un repaso a competencias vistas en módulos anteriores: pezas encoladas , a corte vista, adaptación ás medidas…

Imos cunhas imaxes destas prácticas:

 

 

 

 

Construción escenario Nave principal Santa Cruz.

Tal e como amosamos en entradas anteriores, a especialidade “Traballos de Carpinteria e moble” está a construir un escenario modular  na  Nave principal da Estación de Santa Cruz, no Concello de Vedra.

O escenario de  estructura modular e  confeccionado con madeira de Castiñeiro sobre rastreles de piñeiro  está formado por dous módulos fixos a diferente altura, pensando especialmente nas actuacións da banda de música. O primeiro dos módulos fixos, conta cunhas dimensións  de 4 x 9 m., e o segundo,  a unha  altura menor:  3,66 x 9 m.

O último dos módulos,  é  completamente desmontable, conta cunhas dimensións de 3,66 x 9 metros. Asi pois o escenario desplegado na súa totalidade tería  unha superficie aproximada de 100 m2.

Para poder optimizar o espazo, liberando espazos útiles e mellorar o aforo en función do tipo de actividade a desenvolver: actuacións musicais, representacións teatrais, exposicións… o escenario está ideado para poder gardar baixo del, os módulos que non se precisen en cada momento.

Nesta semana o alumnado da especialidade estivo construindo as rampas de acceso ó escenario, evitando así barreiras arquitectónicas, en cumprimento da normativa de accesibilidade.

Imos cunhas imaxes:

 

 

Prácticas MF0276 .Certificado Operacións aux. revestimentos continuos en construción

Aproveitando o bó tempo, continuamos facendo ás prácticas formativas que nos quedaran pendentes do primeiro módulo formativo deste Certificado de profesionalidade,  o MF0216,  como dixéramos nun anterior Post , por non existir correlato en obra nas primeiras actuacións emprendidas tanto no edificio multiusos de Lestedo como no Centro Sociocultural de Camporrapado. Esperamos así a chegar ó emprazamento axeitado, que foi a contorna da Estación de Santa Cruz, xa que ás prácticas implican acondicionamento de tallos, operacións de corte, excavación con medios manuais..  actuacións que tampouco  son viables en Taller.

Estas prácticas  sérvennos ademáis para evitar humidades interiores que estabamos tendo na zona de actuación aprobada para esta Obra.

Trátase dun módulo trasversal , e polo tanto común á  familia profesional “Edificación e obra Civil” ,  é o MF0276 “Labores auxilares de obra” de 50 horas de duración .

Imos cunhas imaxes das prácticas desenvolvidas:

 

 

Actuación Nave posterior Estación Santa Cruz (Revestimentos continuos)

A especialidade de Revestimentos continuos, continua a boa marcha o acondicionamento interior na Nave Posterior.

Practicáronse enfoscados de morteiro, enlucidos e acabados fratasados para recibir alicatados

Para evitar humidades e para completar prácticas formativas que nos quedaran pendentes do Módulo 0276 “Labores Auxiliares de Obra” deste Certificado de Profesionalidade por falta de correlato en obra nas anteriores actuacións que desenvolvemos, procedeuse á construción dunha canalización de media caña aproveitando o bo tempo.

 Imos cunhas novas  imaxes :

 

Construción Escenario Nave principal Estación de Santa Cruz (Vedra)

Unha das actuacións que está levando a cabo a especialidade de “Traballos de Carpintería e Madeira”  deste Obradoiro de Emprego, é como dixemos nun anterior Post, é  a construción dun escenario modular, conformando un espazo flexible, móbil, que se adapte  ós diversos usos  de tipo cultural e lúdico que o Concello de Vedra  lle quere dar a este espazo singular,  de estética industrial .

Trátase unha actuación que ven a ser a continuación de traballos emprendidos en Obradoiros pasados.

Asi pois, imos ir vendo a transformación desta Nave, que ata agora era un espacio vano e como vai tomando forma o escenario.