Actuación no Baixo Local Social de Lestedo ( Revestimentos III)

Como víramos en anteriores Post, para rematar ó 100% deste  proxecto formativo e  polo que atinxe ó Concello de Boqueixon, quedábanos pendente a aplicación de pintura Epoxi neste baixo.

Trátase dun traballo, e unha práctica formativa que pertence ó Módulo MF0873_1: “Pintura e materiais de imprimación e protectores en construción” do Certificado de Profesionalidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”.

Tras abrir o poro empregando lixadora industrial e a aplicación de imprimación, tocoulle á hora a aplicación da pintura, cun pequeno cambio de imaxe, para que se note que se trata dunha nova actuación… e a iso se puxeron máns á obra, a nosa marea branca !!!

Imos coas imaxes do proceso e do cambio, e tras a aplicación de dúas máns de pintura, rematamos a totalidade do Proxecto en Boqueixón. Noraboa ó noso alumnado e docentes!!

 

Anuncios

Actuacións Edificio Usos Múltiples de Lestedo (Revestimentos continuos) I

No edificio de usos múltiples de Lestedo, quedábannos algúns pequenos “flecos” por rematar completamente o proxecto. Flecos que deixaramos pendentes para  ir a outras actuacións ,nas que os traballos da especialidade “Revestimentos continuos” eran previos e necesarios,  para que a especialidade de  “Madeira e Moble”  puidera comezar  as  súas actuacións.

Unha vez rematadas estas, voltamos a Lestedo  para acondicionar o C.R.A  e  o despacho de Dirección, que era o  único que quedaba por rematar na segunda planta.

Así tivemos ocasión de observar a evolución que tivo neste tempo o alumnado, da destreza acadada, da rapidez na  execución e como  se “merendaron” o C.R.A e o despacho en “dous días” como quen dí, e se non foi antes foi porque o tempo meteorolóxico non nos axudou moito para que a pintura secara ben….. están feitos todos uns e unhas  profesionais!

Imos cunhas imaxes: