Actuacións en Naves Estación de Santa Cruz (Especialidade Madeira)

Nesta semana, e previa preparación por parte do alumnado dos distintos  módulos e elementos que conforman portas e contraportas no  Taller da Especialidade de Carpintería, sito en Camporrapado (Boqueixón),  comezamos coa súa montaxe nas Naves da Estación de Santa Cruz.

Como se pode observar nas imaxes hai un antes e un despois,  portas e contras que van transformando a estética do lugar.

Así mesmo, continuouse coa instalación de tarima no tramo modular do escenario, imos vendo os avances:

 

 

 

Anuncios

Nave principal Estación de Santa Cruz (Especialidade Madeira)

Os traballos continúan avanzando, xa na recta final deste Obradoiro de Emprego é nesta última semán, continuouse co escenario, centrándonos especialmente no tramo modular así como na  construción das portas das naves principal e posterior  e a contraporta  da principal,  realizadas en madeira de Iroko, respectando así  a estética das xa colocadas nun  anterior Obradoiro.

E así  pouco a pouco, fomos vendo como da madeira, de esa materia prima  ainda por  modelar, foron aparecendo formas,  transformacións,  ensaios e probas e tamén cambios… dos que finalmente,  foron xurdindo os diferentes   elementos que integran este espazo. Transformacións que non deixan de ser unha  metáfora dos procesos que teñen lugar en todo escenario educativo, como o que é un Obradoiro, diferente materia prima, diferentes motivacions,   ritmos, intereses e transformacións….

E deixamos a un lado reflexións xa case de “peche  de ciclo” e  imos coas imaxes do traballo desenvolvido na última semán en Santa Cruz:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actuación Naves Estación Santa Cruz- Revestimentos continuos II

Juan Carlos, o noso compañeiro e docente do Certificado  “Operacións auxiliares de revestimentos continuos” reincorporóuse ó Obradoiro e colleu novamente o timón da Especialidade neste sprint final cara ó remate do Obradoiro.

Continuando cos traballos comezados por Luis, démoslle un novo pulo á nave Posterior de Santa Cruz que cada vez máis, vai tomando un novo e remozado aspecto, cheo de luz, da  claridade que lle ofrece a madeira, a nova pintura…lonxe do aspecto inicial que tiña cando chegamos a ela.

Así mesmo,empezóuse a tomar o oco que se abriú na Nave principal como futura saída posterior do escenario para que a especialidade de “Traballos de carpintería e moble”  instale finalmente a porta e contra de corredeira

Imos vendo como van estos traballos neste último mes de traballo:

 

 

Construción escenario Nave principal Santa Cruz.

Tal e como amosamos en entradas anteriores, a especialidade “Traballos de Carpinteria e moble” está a construir un escenario modular  na  Nave principal da Estación de Santa Cruz, no Concello de Vedra.

O escenario de  estructura modular e  confeccionado con madeira de Castiñeiro sobre rastreles de piñeiro  está formado por dous módulos fixos a diferente altura, pensando especialmente nas actuacións da banda de música. O primeiro dos módulos fixos, conta cunhas dimensións  de 4 x 9 m., e o segundo,  a unha  altura menor:  3,66 x 9 m.

O último dos módulos,  é  completamente desmontable, conta cunhas dimensións de 3,66 x 9 metros. Asi pois o escenario desplegado na súa totalidade tería  unha superficie aproximada de 100 m2.

Para poder optimizar o espazo, liberando espazos útiles e mellorar o aforo en función do tipo de actividade a desenvolver: actuacións musicais, representacións teatrais, exposicións… o escenario está ideado para poder gardar baixo del, os módulos que non se precisen en cada momento.

Nesta semana o alumnado da especialidade estivo construindo as rampas de acceso ó escenario, evitando así barreiras arquitectónicas, en cumprimento da normativa de accesibilidade.

Imos cunhas imaxes:

 

 

Prácticas MF0276 .Certificado Operacións aux. revestimentos continuos en construción

Aproveitando o bó tempo, continuamos facendo ás prácticas formativas que nos quedaran pendentes do primeiro módulo formativo deste Certificado de profesionalidade,  o MF0216,  como dixéramos nun anterior Post , por non existir correlato en obra nas primeiras actuacións emprendidas tanto no edificio multiusos de Lestedo como no Centro Sociocultural de Camporrapado. Esperamos así a chegar ó emprazamento axeitado, que foi a contorna da Estación de Santa Cruz, xa que ás prácticas implican acondicionamento de tallos, operacións de corte, excavación con medios manuais..  actuacións que tampouco  son viables en Taller.

Estas prácticas  sérvennos ademáis para evitar humidades interiores que estabamos tendo na zona de actuación aprobada para esta Obra.

Trátase dun módulo trasversal , e polo tanto común á  familia profesional “Edificación e obra Civil” ,  é o MF0276 “Labores auxilares de obra” de 50 horas de duración .

Imos cunhas imaxes das prácticas desenvolvidas:

 

 

Construción Escenario Nave principal Estación de Santa Cruz (Vedra)

Unha das actuacións que está levando a cabo a especialidade de “Traballos de Carpintería e Madeira”  deste Obradoiro de Emprego, é como dixemos nun anterior Post, é  a construción dun escenario modular, conformando un espazo flexible, móbil, que se adapte  ós diversos usos  de tipo cultural e lúdico que o Concello de Vedra  lle quere dar a este espazo singular,  de estética industrial .

Trátase unha actuación que ven a ser a continuación de traballos emprendidos en Obradoiros pasados.

Asi pois, imos ir vendo a transformación desta Nave, que ata agora era un espacio vano e como vai tomando forma o escenario.

 

 

 

Actuacións na Estación de Santa Cruz (Concello de Vedra)

Chegou Abril e comezamos coas actuacións aprobadas no Concello de Vedra, un dos concellos promotores deste Obradoiro de Emprego.

As actuacións a levar a cabo radíncanse na contorna da Estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla, e en concreto, en dúas das súas naves: a principal e a posterior.

Na nave principal está previsto a construción dun escenario modular que conforme un espazo versátil e flexible que se adapte a diversos usos de tipo cultural e lúdico, tamén construiremos unha porta de acceso ó escenario, actuacións propias da especialidade de “Traballos de Carpintería e madeira” que conta con  Jesús Gamás como docente.

Na nave posterior, procederemos ó seu acondicionamento interior, para o que teremos que practicar con enfoscados, enlucidos, impermeabilizacións…. entre outras tarefas, traballos que son propios da especialidade “Operacións auxiliares de revestimentos continuos”  que está cargo neste período de Luis Paz.

Con carácter previo , establecéuse un perimetro de seguridade , coa instalación dun valo de obra para separar á zona de traballo deste Obradoiro doutras actividades de tipo comercial, diferenciando así ambos usos e tratando de evitar posible sinestrabilidade.

Comezamos Vedra co “desembarco” da especialidade de Revestimentos continuos e aquí van as primeiras imaxes e prácticas realizadas: